Wednesday 08 de May de 2024

Finalizados os traballos de pavimentación da vía de Carantoña a Aldea Lameira


• As obras, que contan cun orzamento de 40.000 euros, están financiadas con fondos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

• Agora levará a cabo o pintado da vía e a execución da sinalización horizontal.

O Concello de Miño finalizou os traballos de pavimentación na vía que vai de Carantoña cara a Aldea Lameira, unha actuación que conta cun orzamento de 39.949 euros e que está financiada con fondos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Esta obra incluíu, ademais da pavimentación da plataforma con aglomerado en quente, a limpeza das cunetas. Agora, tras o asfaltado, procederase a executar o pintado da vía e da sinalización horizontal pertinente.